Instrucións para publicar no libro de visitas

1 Como participar no Libro de Visitas de CTK?

1a Sen rexistro de usuario
Deste xeito a túa mensaxe terá que ser aprobada polo moderador antes de que a vexas publicada no taboleiro.


Ao premer en "Comentar como..." abrirase unha xanela:
Cubre o teu email e o nome que queiras que apareza (estes datos non teñen por que ser reais). Dándolle a "Post comment" enviarase a túa mensaxe, que terá que ser lida e aprobada antes de que a vexas no taboleiro.

1b. Con rexistro de usuario
En principio quen elixa esta opción poderá publicar as mensaxes sen que haxa moderación previa, é dicir, ao enviala publicarase inmediatamente no Libro de Visitas.
Na ventá amosada anteriormente prémese en "Disqus" e verase:
 Para rexistrarse como usuario preme na frase que está en laranxa na imaxe e verás:

Pon o teu email (neste caso si debe ser real), e elixe nome e constrasinal. Ao premer en "Register" se enviará un email á túa bandexa de entrada que terás que ler para confirmar o rexistro. A partir de entón serás usuario e poderás introducir o teu nome e contrasinal na penúltima ventana e comentar sen moderación.

2 Que mensaxes poderán ser filtradas?

Non serán admitidas mensaxes que atenten contra o honor de calquera persoa, véxase difamacións, calumnias, insultos...é dicir, calquera mensaxe que atente contra o principio do debate san e respectuoso.

En ningún caso se eliminarán ou filtrarán mensaxes por desacordo ca opinión. O libro de visitas é un espazo para o debate, todo pode ser opinado sempre que sexa nun ton respectuoso.

Rógase aos usuario paciencia, posto que para quen non se rexistre, a mensaxe pode tardar algunhas horas en verse publicada, dependendo da dispoñibilidade do moderador.

En caso de que a mensaxe non sexa admitida, enviarase un email indicándoo á dirección que o usuario escribiu.

En calquera caso os responsábeis da web non se responsabilizan das opinións lanzadas no libro de visitas.